O BNG de Ribeira e a súa resposable de pesca, Pilar sampedro, solicitará a vindeira semana no pleno ordinario de xaneiro a retirada do anteproxecto da lei de acuicultura.
A edil nacionalista xa está en contacto co sector do mar para xuntar esforzos e convocar un acto informativo co fin de que os traballadores e traballadoras do mar estean ao tanto ás consecuencias que formula a lei de acuicultura que pretende aprobar o goberno do Partido Popular.
Así mesmo o BNG desde o Parlamento Galego xa está emprendendo accións destinadas a que se retire o anteproxecto de lei e insta á Xunta de Galiza a que o sector participe dunha lei que é vital para o mantemento de milleiros de postos de traballo directos e indirectos.
https://www.youtube.com/watch?v=FPYwpI0M49c