Deputación Da Coruña

A Deputación aproba máis de 5,9 millóns do Plan Único para os concellos da comarca de Barbanza

A Deputación da Coruña vén de aprobar por unanimidade de todas as forzas políticas no pleno deste mes de xuño a primeira achega do Plan Único (POS+2020), que suporá un investimento de 41.266.299,41 euros nos concellos da provincia. Como cada ano, esta cantidade irá incrementándose progresivamente ao longo do exercicio, coa incorporación de fondos adicionais.
Na comarca de Barbanza, o plan impulsado polo goberno provincial de Valentín González Formoso supón este ano unha inxección económica inicial de 5.921.750 euros, dos que máis da metade (3.129.320,96 €) serán destinados ao financiamento de 34 obras de construción e mellora de infraestruturas públicas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.