O portavoz do BNG-AA de A Pobra do Caramiñal, Ramiro Ouviña Ouviña, anunciou a presentación por esta formación dunha moción contra o anteproxecto de Lei de acuicultura de Galiza, a debater no pleno ordinario de xaneiro.
Lembrou Ramiro Ouviña que a defensa dos sectores produtivos galegos é para o BNG cuestión de país e sinal identitaria.
Despois de varios plans de acuicultura o sector foi sorprendido en agosto pasado polo anuncio do goberno do PP na Xunta de Galicia dun Anteproxecto da Lei de Acuicultura.
Aprobado polo Consello da Xunta o día 1 de outubro, foi publicado no DOG do 19 de outubro.
Dende o BNG aseguran que se trata dun proxecto contrario aos intereses do sector, e que pon as bases legais e administrativas que permitirán a introdución dos grandes grupos multinacionais, facilitando o desembarque da acuicultura industrial nas zonas declaradas aptas, desprazando a acuicultura tradicional, o marisqueo e a pesca de baixura.
Afirmou Ramiro Ouviña que o anteproxecto contén moitas disposicións contrarias e sinalou entre elas as seguintes: transformar a acuicultura tradicional en acuicultura industrial intensiva.
O BNG da POBRA defenderá no pleno de xaneiro ao sector acuícola ante o anteproxecto da nova lei
Please login to join discussion