O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe de xeito telemático na constitución da Mesa da Automoción, na que demandou ao Goberno que concrete e axilice as medidas para facilitar a compra de vehículos eficientes de motor diésel e de gasolina.
Conde lembrou que a Mesa da Automoción é unha iniciativa das nove comunidades autónomas que contan cun fabricante no seu territorio, e pediu unha estratexia común xunto co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para identificar cales son os proxectos de futuro que poden permitir dotar de competitividade o sector