O Mexilón Revalorizase En Cabo De Cruz

O rei de Cabo de Cruz, o mexilón, terá o protagonismo que se merece os días 9 e 10. Os preparativos para a celebración da decimoterceira festa de exaltación deste producto xa están en marcha. O rexidor boirense, Juan José Dieste, destacou a importancia de esta cita que, según sinalou, serve para dar proxeción a un produto de fama nacional e internacional.
O molusco poderá degustarse de catro formas diferentes: ao vapor, en salsa, con polbo da ría e fabas de Lourenzá e en empanada selecta.
A xornada grande para probar estas delicias será o domingo, pero a exaltación dará comezo a xornada anterior. O día 9, a partir das 21.00 da noite, un grupo de veciños vai preparar unha paella e a actuación estará amenizada por un grupo de música.
O día 10, as racións comezarán a servirse á 13.30 da tarde. Os asistentes disporán de dúas amplias carpas para poder saborear o molusco,
Unha vez máis, o concello é o impulsor desta cita e conta co apoio dalgunhas asociacións de bateeriros.
O mandatario boirense, Juan José Dieste, explicou que inicialmente estaba previsto realizar a exaltación do mexilón outra fin de semana, pero que se fixo coincidir coa regata porque numerosos deportistas foráneos chamaron para saber se poderían atender ao evento do mexilón

Asimesmo, o rexidor comentou que coa celebración da competición de traiñas os deportistas estrenarán os novos vestiarios que se instalaron. Todo está listo para este gran maridaxe en Cabo.

http://youtu.be/ZdH3ARoxPJk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.