Máis de 500 quilos de peixe e marisco comisado irán á cociña económica de SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Servizo de Gardacostas entregou a centros benéficos máis de 500 quilos de peixe e marisco comisado na última semana de decembro. Este produto, que se entregou á Cociña Económica e ao centro Cottolengo, en Santiago de Compostela e ao comedor de San Francisco, en Pontevedra, foi requisado en tres controis, dous deles realizados por estrada.

Un foi o pasado 29 de decembro en Ourense, na Autovía A-52 e foi realizado en colaboración co Seprona de Ourense e coa Garda Civil de Tráfico. Este operativo deu como resultado o comiso de 335 quilos de distintas especies de peixe e marisco por non presentar a documentación pertinente ou por transportar especies de talla antirregulamentaria. A mercadoría que comisaron os axentes foi 50 quilos de ameixa xapónica, 130 quilos de pescada, 27 quilos de polbo, 22 quilos de peixe espada, 27 quilos de anel de lura, 41 quilos de dourada, 1 quilo de linguado, 22 quilos de pescadilla e 15 quilos de pota. Toda foi entregada aos centros benéficos cumprindo coas garantías hixiénico-sanitarias. Ese mesmo día, nun control realizado por terra en Bueu (Pontevedra) comisaron 14 quilos de polbo de talla antirregulamentaria, que tamén foi destinado á beneficencia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.