O mal tempo continua este fin de semana.

Un novo temporal azoutará Galicia este fin de semana. O Sábado 9 de Xaneiro continuará o temporal no mar, con ventos moi fortes do suroeste e ondas por riba dos 5 metros. Ademáis durante a segunda metade do día agárdanse refachos fortes no litoral e zonas altas e chuvias cuantiosas na franxa atlántica polo que se establece alerta laranxa no mar. Así, os ceos permanecerán cubertos, con chuvias xeneralizadas, con carácter localmente tormentoso especialmente no litoral. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas mínimas.
A situación recrudécese o domingo dia 10 cando unha profunda borrasca afectará a Galicia , o vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes en todo o litoral e con ventos fortes pola tarde, chuvias intensas especialmente cuantiosas nas provincias da Coruña e Pontevedra e ondas no mar superiores aos 5 metros de altura. Manterase a alerta laranxa no mar e subuese o nivel de alerta de amarelo alaranxa en terra. As
temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.

https://www.youtube.com/watch?v=qKe4yJR4blE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.