A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, e pola directora do Intecmar, Covadonga Salgado, presidiu este mediodía a reunión da Comisión do Mexillón para analizar as diferentes alegacións que presentou este sector e para clarificarlle as súas dúbidas en relación á futura lei de acuicultura de Galicia.
Unha normativa que, segundo subliñou a conselleira, “o primeiro que busca é minimizar o impacto ambiental da acuicultura”. Por iso, Rosa Quintana afirmou que se ia tomar como unha inocentada os comentarios de que o que se pretende con esta lei é privatizar e dar as praias as chinos .