Sin categoría

O plan de financiamento universitario permitirá acadar unha universidade á cabeza dos novos desafíos científico-tecnolóxicos

O presidente do Goberno galego subliñou hoxe que o novo Plan de Financiamento Universitario 2016-2020 permitirá acadar unha universidade máis especializada, máis internacional e á cabeza dos novos desafíos científico-tecnolóxicos.

Así o expresaba o titular da Xunta na sinatura do convenio entre o Goberno galego e as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020, onde tamén estiveron presentes o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, o de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, así como o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

Alí, Feijóo aproveitou para agradecer ao reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, ao da de Vigo, Salustiano Mato, ao reitor en funcións da Universidade da Coruña, José Luís Armesto, e ao seu sucesor no cargo, Julio Abalde, a súa visión de conxunto e a súa altura de miras. Como sinalou, o novo Plan de Financiamento supón un compromiso explícito coa educación pública, coa modernización do ensino superior, e coa función que desempeña a Universidade como catalizador do tecido produtivo dun país.

Salir de la versión móvil