O Concello de Boiro convoca dous procesos selectivos para elaboración de dúas listas para a cobertura laboral temporal de prazas. Unha delas de condutor/a para o servizo de recollida de lixo e outra delas de condutor/a de vehículos e maquinaria. O prazo de presentación de solicitudes abre mañá martes 23 de xuño.