O cerco galego enfrontarase a vindeira semana a unha reunión clave para o futuro do sector. A secretaría xeral de pesca de Madrid vai ser o escenario onde representantes de todas as comunidades autónomas se xuntarán para discutir sobre a problemática das cotas e defender un reparto xusto por tripulante.
José Blanco, presidente de Acerga irá representando a Galicia. Ademais foi esta mesma mañá cando se reuniu cos sindicatos na capital galega para estudar a situación e recibir o seu apoio.
A conselleira, pola súa banda, segue firme na decisión de non apoiar o reparto por tripulante que pide Acerga, xa que asegura que desta forma se perdería cota para Galicia, exactamente un 50% do xurelo, que actualmente se atopa en 98.7%.
O CERCO GALEGO enfróntase a unha reunión clave coa secretaría xeral de pesca para o futuro do sector
Please login to join discussion