2015 acada o récord de persoas que buscaron axuda na plataforma STOP DESAFIUZAMENTOS DA BARBANZA

A plataforma stop desafiuzamentos da Barbanza recoñece que o 2015 foi o ano que máis xente recibiron en busca de axuda. Medio centenar de persoas das comarcas do Barbanza, salnés e Muros e Noia, a maioría con integrantes menores de idade enfrontáronse a situacións difíciles nas que perigou a súa vivenda habitual.

José Manuel Pena incide nas diferencias sociais que existen en cidades como por exemplo Ribeira e explica que o índice de pobreza na comarca é moi elevado.

O campamento xitano situado na periferia da cidade constitue un dos puntos con maior número de infravivendas de Galicia.

No que vai de ano Jose Manuel testifica que xa recibiu a unha ducia de persoas en busca de axuda.

Jose Manuel explica a situación na que se encontran as últimas familias que acudiron.

Explica pena que o número de persoas que acuden ás ONG da comarca non descendeu, senón que aumentou o número de organizacións de axuda.

Salir de la versión móvil