Trátase dunha variable da movida urbana, que por causa da normativa pola covid 19 non pode realizarse como viña facéndose ata o de agora. Dende o concello contratarán 20 monitores e organizarán grupos de nenos e nenas reducidos, de 3 a 12 anos, en Portosín, Porto do Son e Xuño.