Sin categoría

NOS HOSPITAIS DO SERGAS realizáronse en 2015 un total de 337 transplantes de órganos

O Servizo Galego de Saúde realizou durante 2015 un total de 337 transplantes de órganos nos seus hospitais, o que supón un incremento do 22% con respecto do ano pasado. En concreto, do total de transplantes, 167 foron de ril -deles, 37 foron de doante vivo-, 94 de fígado, 4 de páncreas, 25 de corazón e 47 de pulmón. Durante 2015, destacou o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, que realizou un total de 257 transplantes de órganos, situándose como o centro que realizou máis transplantes de España.

Así o admitiron esta mañá o director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Ramón Ares, e o director da Oficina de Coordinación de Trasplantes de Galicia, Jacinto Sánchez nunha rolda de prensa para presentar o balance de actividade de doazón e transplantes da Comunidade Autónoma en 2015.

Salir de la versión móvil