150 nenos reciben o seu diploma polo talleres de conciliación de nadal

O Auditorio Municipal de Riveira serviu esta mañá de escenario para a entrega de diplomas dos distintos obradoiros organizados polo Concello co fin de favorecer a conciliación nestas datas de Nadal.

Uns 150 nenos e nenas e moitos pais e nais asistiron a este acto, que tamén contou coa asistencia do alcalde, Manuel Ruiz, e da concelleira de Cultura, Fabiola García.

O acontecemento comezou cunha serie de actuacións musicais a cargo dos distintos grupos do Nadal Concilia para dar paso a continuación a entrega dos diplomas a estes rapaces e aos alumnos participantes no obradoiro de artes plásticas.

https://www.youtube.com/watch?v=3BJbmwxyNzA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.