As vendas de coches comezan a recuperarse no BARBANZA que experimentou unha caída do 50% en tempo de crise

A venda de coches vai recuperando o pulso na comarca barbancesa. Tras levar un trompazo contundente conforme a crise foi facendo madeixa nas economías familiares, no 2013 deu signos de levantar a cabeza. Xa entón, os datos de matriculacións eran lixeiramente mellores que os do 2012. Aínda así, o sector era pesimista. Desde distintos concesionarios de automóbiles indicaban que, a pesar de mellorar as cifras, viña duns exercicios horribles e, xa que logo, quedaba moito para que as cousas fosen medianamente ben. No 2015, os números volven ser bos. Matriculáronse máis de 1.200 vehículos; unha cifra que levaba tempo sen alcanzarse. E os vendedores de automóbiles empezan tamén a falar en termos positivos.
No concesionario SEAT de Ribeira as cifras non quedan atrás, salvador Sieira, o asesor comercial, apunta un lixeiro incremento das vendas con respecto ao ano pasado que se traduce, nin máis non menos que en 10 unidades.
Este último mes de decembro foi clave.
En tempo de crise salvaor asegura que as vendas chegaropn a caer ata un 50%.
Sieira afirma ter expectativas boas para este ano en curso.
As vendas de vehículos melloraron na comarca. Pero está claro que seguen moi distanciadas dos datos de matriculacións de antes da crise. De todos os xeitos, talvez, como sinalan desde algúns concesionarios de automóbiles, non haxa que obsesionarse con ese espello. Porque entón tamén se compraban pisos a pares. E eses tempos non parece que vaian volver.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.