A Xunta entregará esta mesma semana o protocolo que permitirá que as verbenas e festas de verán se celebren coas máximas garantías sanitarias de prevención ante a covid-19.
Así llo trasladaron hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, a representantes do sector durante unha xuntanza por videoconferencia.
Rueda recordou que este sector é “importante e fundamental, especialmente cando chegan estas épocas”, de aí que sexa necesario facilitarlles unha “certeza” que lles permita desenvolver a súa actividade coas máximas garantías sanitarias.