Icono del sitio CanalBarbanza.com

O Concello de Noia non autorizará a realización de cacharelas en espazos de titularidade pública

O Concello de Noia non autorizará este ano a realización de cacharelas en espazos de titularidade pública como consecuencia das medidas sanitarias establecidas para a prevención da COVID-19 e coa intención de evitar posibles aglomeracións e garantir o mantemento da distancia social. Pola contra, poderán autorizarse cacharelas en fincas particulares, previa petición do permiso de queima nas dependencias municipais antes do 22 de xuño.

Salir de la versión móvil