Xa está aberto o prazo para o novo paquete de cursos online gratuítos integrados dentro do Plan Ribeira Academy. Desta vez, son 400 as prazas dispoñibles e os cursos están dirigidos especificamente a persoas autónomas, que perderan o seu emprego durante o estado de alarma ou estean suxeitas a un expediente de regulación de emprego, xa que o obxectivo é axudarlles a que poidan mellorar a súa empregabilidade como unha iniciativa incardinada no Plan Reactiva Ribeira da que se deu conta esta mañá na Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19.