A xoguetería Tiko Doco de Boiro e a academia The English Study Center convírtense este Nadal nun símbolo de solidariedade na comarca do barbanza ao facer posible a Campaña Solidaria de Xoguetes Nadal 2015 coa que tamén colabora o concello de Boiro a través do seu Departamento de Servizos Sociais.
A academia The English Study Center aportou 1.191,20 euros recadados de maneira solidaria no festival de nadal que realizaron os seus alumnos o pasado 16 de decembro de 2015, así como a Soom Management-piscina municipal de Boiro e a xoguetería Tiko Doco fixo posible a campaña ao aplicar descontos especiais para a causa.
Na mañá de hoxe procederase a recollida dos xoguetes reservados que serán entregados aos 27 nenos (de entre 2 e 15 anos) pertencentes a 14 familias do Concello.
Entre o día de hoxe e mañá protección civil encargarase de achegarlle estes agasallos aos nenos no seus domicilios.