Galicia

Galicia despide unha primavera moi cálida e con precipitacións dentro da normalidade.

Galicia viviu unha primavera climatolóxica moi cálida e normal en canto ás precipitacións. Estas foron as principais características dun período que estivo marcado pola variabilidade, diversidade e tempo cambiante, tal e como se recolle no resumo do informe estacional elaborado por MeteoGalicia.
Así, a temperatura da primavera de 2020 (meses de marzo, abril e maio) foi moi cálida, con unha anomalía positiva na temperatura media de +1.68 ºC. Os tres meses estiveron caracterizados por tempo cambiante, pero en xeral os días de frío foron suaves, con mínimas moito máis cálidas do normal.
Marzo estivo caracterizado pola variabilidade e a diversidade de situacións. A anomalía media da temperatura foi de +0.32 ºC, o que fai que o mes poida considerarse no conxunto de Galicia como lixeiramente cálido.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.