Galicia

Galicia solicitará ao Ministerio a creación de 3 novos xulgados do social

Noutra orde de cousas, O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asinou esta mañá o acordo coas organización sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO que establece o sistema de carreira profesional do persoal da Administración de Xustiza galega, polo que se recollen entre outros, melloras nas súas condicións de traballo.
No mes de maio do 2018, o Goberno galego e organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO. asinaron un acordo que recollía unha serie de melloras das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, que se iniciaron xa nese momento. Estas medidas son o incremento salarial de entre 122 e 140 euros en función do corpo funcionarial de pertenza, a consolidación de prazas de persoal interino de reforzo, a ampliación dos permisos de maternidade ou paternidade ou melloras nos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.