O mal tempo que está a traer este Nadal esta a perxudicar a moitas das cofradías da ria de Arousa e como non iba ser doutro xeito, a de Aguiño estase vendo fortemente afectada. Tal é así que os traballadores non poden sair a faenar e polo tanto a lonxa queda sen produto que subastar. Trátase dunha mala campaña, tal e como explica o patrón maior de Aguiño.
José Antonio, afirmaba, non obstante que, na tarde de onte, cando a marea non estaba mal algúns dos mariñeiros sairon nas súas embarcacións, pero non foron quen de descargar máis de 200 quilos de percebe cando normalmente chega a 700 quilogramos.
Acadaronse cifras de 115 euros, pero os 150 do ano pasado non se cheiraron nin por asomo.
En canto á ameixa e a navalla…
A pesar de que os prezos tenden a descender bruscamente na primeira semana de xaneiro, os mariñeiros, se poden, seguirán ido ao mar.
A dificultade de pescudar o produto é unha das consecuencias negativas do mal tempo, sen embargo, a lonxa de Ribeira celebraba onte os altos prezos que se segaron a acadar na subasta debido á escasez do producto. A nécora pequena chegou aos 50 euros, o camarón acadou prezos desorbitados de ata 160 euros e a centola non baixou dos 35 euros.
https://www.youtube.com/watch?v=H1bUcCdO5Ps