Deputación Da CoruñaMuros

Os concellos da comarca beneficiaranse de parte dos 21,5 millóns de euros que a DEPUTACIÓN aproba en cargo ao PAI

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos políticos as bases reguladoras do Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016, dotado con 21.485.000 euros e destinado aos 93 concellos da provincia para a concesión de créditos sen xuros, con dous anos de carencia e cun prazo de devolución de 10 anos, polo que os municipios coruñeses terán ata o ano 2028 para a devolución destas achegas.

Cada concello poderá destinar o importe do préstamo provincial asignado á redución do seu endebedamento e á realización de obras ou subministracións, en función do seu nivel de endebedamento. Así, un concello cun 10% de débeda deberá destinar esa mesma porcentaxe da asignación do PAI 2016 á redución da súa carga financieira, podendo destinar o 90% restante a novos investimentos ou a amortización de débeda.

A maiores, aprobaronse proxectos de mellora de vías provinciais por importe de máis de 4 millóns de euros en concellos como o de Muros.

A sesión plenaria deixou tamén preto de 171.000 euros de investimentos para a colaboración con entidades deportivas da provincia, destina por ejemplo 15.000 euros ao club de voleibol de cabo de cruz.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.