A tan só dous días de dar paso a unha das noites máis agardadas do ano os restaurantes da comarca do Barbanza comezan a encher os seus comedores.
O único restaurante galego merecedor do distintivo Q de Calidade, o Chicolino de Boiro, pechou na tarde de onte o prazo de reserva porque o aforo está completo.
Os seus camareiros e camareiras servirán a cea a 200 persoas cegadas de todos os puntos da comarca do Barbanza que desecan dar a benvida ao novo ano en Boiro.
Un menú variado e amplo será o que degustarán os comensais que tamén poderán disfrutar do cotillón e de barra libre.
Este restaurante, que comezou a servir as ceas de noitevella o ano pasado logrou un importante incremento na demanda dun ano para o outro.
Durante o día de hoxe os operarios traballaran arreo para poñer todo a punto nun dos mellores comedores de Galicia.
https://www.youtube.com/watch?v=Af29LT59MDA