O Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela vén de ditar sentencia en relación ao cumprimento da Lei da Memoria Histórica no concello de Riveira na que empraza a que sexan os edís municipais competentes os que estuden e razonen na preceptiva comisión se cabe retirar ou non cinco símbolos cuxa supresión é reclamada xudicialmente pola asociación denominada Comisión pola recuperación da memoria histórica da Barbanza, parte demandada nesta causa.
Cita neste sentido a supresión das placas alusivas ao Xeralísimo Franco (na rúa Galicia), José Antonio Primo de Riveira (no Malecón) e a Falanxe (en distintas fontes e lavadoiros como por exemplo as de Martín ou Bretal), así como das que fan mención a José Antonio Otero Goyanes.