Galicia

A nova guía náutica de Galicia promociona instalacións e servizos dos portos deportivos da comunidade autónoma en cinco idiomas

A nova guía náutica de Galicia, elaborada por Portos de Galicia, pon a disposición de usuarios do sector e turistas náuticos información promocional e práctica das instalacións e servizos dos portos deportivos da nosa comunidade, tanto de titularidade autonómica como estatal. Toda vez que a plataforma dixital se atopa xa dispoñible na rede, a presidenta do ente público, Susana Lenguas, mantivo esta mañá unha reunión de traballo por videoconferencia cos representantes das asociacións náuticas de Galicia para avaliar os contidos dispoñibles na guía e coordinar a súa difusión.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.