O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou de que a Xunta de Galicia vai destinar 8 millóns de euros a apoiar a traballadores incluídos en expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, e a empregados a partir de 55 anos afectados pola extinción do seu contrato. Así o comunicou no novo encontro do diálogo social que mantivo con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e dos sindicatos CCOO e UGT.