Sin categoría

O GOBERNO SONENSE leva a pleno a aprobación dos orzamentos municipais para o 2016 que pretende reducir 250.000 euros de débeda

A Concelleira de Facenda de Porto do Son, María Maneiro, vén de dar a coñecer as actuación que se van levar a cabo unha vez que se aproben os ornamentos municipais para o 2016.
A concelleira apuntou que en liñas xerais que nota unha tendencia á alza que acada para o vindeiro ano os 7 millóns 55 mil euros.

María explicou a importancia de seguir aplicando políticas semellantes ás do ano pasado, entre elas para conseguir aumentar a recadación municipal sen incrementar os imposto saos veciños.

Entre os avances máis importantes destaca o compromiso do goberno de reducir 250 mil euros de débeda.

Aumentarán considerablemente os gastos sociais e os de eucación chegaranse a triplicar.

Entre as propostas do goberno tamén destacan a creación dunha bolsa de subvencións nominativas para entidades sen ánimo de lucro e para entidades deportivas.

A posta en funcionamento da piscina e da escola infantil incrementará a partida do gasto corrente do concello.

Maneiro apuntou cales van ser as principias obras que se chegarán a executar unha vez aprobado o presuposto. Estas estan relacionadas coa recuperación da antiga alameda, a creación de beirarúas e a posta en marcha da nova ludotecas municipal.

Levaranse a cabo tamén importantes obras de mantemento.

No día de mañá daranse a coñecer os puntos máis debatidos no pleno que se vai celebrar a última hora de hoxe.

Salir de la versión móvil