A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia levará a cabo a colocación de 35 fingers (elementos de amarre) de 5 metros nos pantaláns nos que atraca a frota profesional, no porto de A Pobra do Caramiñal. Esta actuación atende a unha demanda da confraría de pescadores e suporá un investimento de preto de 35.000 euros.
A colocación dos 35 fingers suporá unha mellora cara ao acceso ás embarcacións dos profesionais, e mellorarán ao mesmo tempo a seguridade dos usuarios ao facilitar ademais os labores de carga e descarga tanto dos aparrellos como da propia pesca.
Por outra banda, dentro das actuacións de mellora e mantemento das instalacións portuarias, foron reparadas as táboas danadas das cubertas e pasarelas dos dous pantaláns existentes. Esta reparación supuxo un investimento de máis de 4.000 euros, polo que o investimento total de ambas actuacións suporá uns 40.000 euros.
Mar investirá 35.000 euros na colocación de 35 fingers para as embarcacións profesionais do porto da Pobra do Caramiñal
Please login to join discussion