O BOIRO empata a 1 co CERCEDA mentres gaña o NOIA e perden o RIBEIRA e o PUEBLA

O esperado duelo entre os dous primeiros clasificados de Terceira non defraudou aos aproximadamente 400 afeccionados que onte se deron cita no municipal do Roxo do Piñeiro. Cerceda e Boiro demostraron por que son os dous fanfurriñeiros da categoría e deixaron pinceladas do gran fútbol que atesouran. De feito, o Boiro logrou o empate a un minuto do final cun soberbio tanto de Cano desde a frontal da área.

O equipo de Iago Iglesias toma aire tras a súa importante vitoria de onte contra o Ribadeo nun campo que apenas permitía dar dous pases seguidos. Aínda así, o Noia, que saíu moi motivado, impúxose con dous goles na primeira parte que lles permite subir postos na táboa.

O Ribeira empezou o ano coa mala sorte que implica perder un partido por un gol en propia en meta e outro que acabou no fondo da portería precedido por un rebote nun xogador que vestía a elástica celeste e que desviou a súa traxectoria para confundir ao porteiro que onte defendía a meta local. Ao final, un 0-2 que embaza a estrea de Pepe Cores no banco do primeiro equipo de Santa Uxía e que obriga ao persoal a facer grandes esforzos para saír da zona de descenso.

O Puebla regresou da súa visita ao campo do Chantada cunha derrota. Os barbanceses disputaron un encontro moi igualado, e que estivo condicionado polo mal tempo, a intensa choiva que encharcó o terreo de xogo e o forte vento. Cando quedaban escasos minutos para finalizar o encontro, os lucenses anotaron o tanto da vitoria aproveitando unha mala saída de Alassane, que permitiu ao Chantada anotar o 2-1 definitivo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.