O concelleiro Luís Pérez Barral, asegura que “o deterioro faise máis evidente debido á política sanitaria do actual goberno da Xunta de Galiza”. Segundo Pérez Barral esa política está baseada nos recortes de recursos e orzamento, no desmantelamento de hospitais comarcais, no abandono dos centros de atención primaria, na ocultación e manipulación das listas de espera, na precarización e explotación do persoal, recorte de camas hospitalarias, privatización e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados, desatención clamorosa da saúde mental, etc.