A poucos días do 2016 o ATLÉTICO DE RIBEIRA segue sen adestrador no plantel senior

A poucos días de celebrar a chegada do novo ano, os xogadores do Atlético de Ribeira seguen sen contar cun adestrador. O que si é certo é que se están a barallar diferentes posibilidades. Entre eles soan os nomes de Choto e Pimen, exogadores do Atlético con máis posibilidades de formar parte do plantel.

Aínda así cabe destacar que a tabla clasificatoria do Ribeira é complicada porque están na zona baixa e os adestradores que barallan tratan de perfilar e asegurar como mínimo o séptimo posto na clasificación ao final de tempada xa que este ano probablemente o descendo da cascada dos equipos de terceira e segunda b pode ser moi amplo posto que a maioría son do grupo norte e poden descender ata seis equipos que pasarían a estar no grupo onde compite o Atlético de Ribeira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.