Icono del sitio CanalBarbanza.com

Na Pobra preparánse para a reincorporación dos traballadores municipais e manter nalgúns casos o teletraballo

O Concello da Pobra prepárase para continuar a desescalada, e reincorporar paulatinamente ao persoal aos seus distintos departamentos. O alcalde Xosé Lois Piñeiro indicou que están a piques de aprobar un protocolo de reincorporación destes traballadores, para cuxa elaboración se tomou de base tanto o protocolo da Xunta de Galicia como o do propio servizo de prevención de riscos laborais do concello. Nun primeiro momento os traballadores incorporaranse por quendas en cada departamento, adoptando todas as medidas de protección necesarias.

Salir de la versión móvil