LOUSAME lanza unha campaña de apoio ao sector lácteo para impulsar o consumo de leite do país

A alcaldesa de Lousame reiterou no día de hoxe o seu apoio ao sector lacteo que se está vendo afectado polos baixos prezos do leite en Lousame e lembrou algunhas das reunións que se mantiveron coa conselleira e os afectados.

Co fin de levar adiante o seu apoio, o goberno municipal vén de aprobar unha moción proposta polos populares que foi apoiada polo bng e onde os socialistas se abstiveron para promocionar o consumo do leite galego. Nos vindeiros días levarase a cabo unha pegada de carteis en apoio á campaña que leva por nome 100% galega.

Villaverde explicou como os ornamentos aprobados para o vindeiro ano repercutirán en beneficios fiscais para o agro e asegura que a partida presupostaria para este sector será maior que a de este ano.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.