Os rapaces de AMICOS sacan as súas dotes interpretativas no festival de nadal

No día de hoxe, e como cada ano, a Asociación AMICOS, dedicada ao coidado e atención de persoas con discapacidade intelectual, autismo e parálise cerebral, celebrou o seu festival de Nadal. Moitas foron as familias que se acercaron para compartir connosco unha xornada de festexo.
Deron comezo a este festival cun baile, onde nenos e profes deleitaron cos seus movementos ao son de “O RENO RUDOLF”. A continuación unha obra de teatro, “Os Chivos Chivóns”, a cargo dos alumnos do CEEPR. Seguimos co festival a ritmo de panxoliñas “Cascabel” e “Los pezes en el río”, que foron interpretadas polos usuarios do Centro de Día, que ademáis das súas voces nos deleitaron co vestiario e escenificación. Por último, e non menos importante, actuaron os usuarios do Centro Ocupacional coas panxoliñas “La marimorena” e “Hacia Belén va una burra”. Os asistentes non dubidaron en acompañar aos artistas con palmas e cánticos.
Para finalizar o festival, os alumnos e alumnas do CEEPR proxectaron un video no que nos cantan unha panxoliña “Mi burrito sabanero”.
A xornada non finaliza aquí, senón que continuamos cunha comida especial navideña para recibir máis tarde a visita de Papa Noel.

https://www.youtube.com/watch?v=_HrM-WzXV5g

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.