20 noviembre, 2026
Image default

A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO DE AUGAS RESIDUAIS Á RÍA DE MUROS E NOIA, NA PARROQUIA MURADÁ DE ESTEIRO

 Os inspectores de Augas de Galicia identificaron nun control a existencia de
filtracións de augas residuais no muro de contención, baixo o paseo deste núcleo
 A Xunta solicitoulle a adopción de medidas ao Concello de Muros, que procedeu á
identificación e corrección de varias acometidas irregulares de inmobles próximos
 Nas últimas inspeccións á zona, os técnicos de Augas de Galicia constataron a
efectividade das actuacións, ao non identificarse vertidos a través deste punto
A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á ría de Muros e Noia, na parroquia muradá de Esteiro.
Os inspectores do Plan de Control de Vertidos, desenvolvido por Augas de Galicia,
identificaron nun control a existencia de filtracións de augas residuais no muro de
contención, baixo o paseo deste núcleo.
A Xunta trasladoulle esta situación ao Concello de Muros e solicitoulle a adopción de
medidas para acadar o cese do vertido.
Neste sentido, a Administración local procedeu á identificación e corrección de varias
acometidas irregulares de inmobles próximos.
Nas últimas inspeccións de seguimento que se levaron a cabo á zona, os técnicos de Augas
de Galicia constataron a efectividade das actuacións, ao non identificarse vertidos a través
deste punto.

Related posts

O CAMIÑO DA RÍA DE MUROS-NOIA CONVÉRTESE EN DIFERENCIAL PARA A VÍA QUERINISSIMA

CloudyX

O BNG DE MUROS-NOIA PRESENTA EMENDAS POR MÁIS DE 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENDER AS NECESIDADES DA COMARCA

CloudyX

MARÍA LAGO CARGA CONTRA OS ORZAMENTOS DA XUNTA

CloudyX