Aprobada por unanimidade a proposta municipal para o POS e o PAS de Muros que permitirá levar a cabo melloras na rede de saneamento por un importe superior aos 617 mil euros.
Acometeranse actuacións no areal da Virxe, onde se atopa un banco marisqueiro, e adecuaranse as canalizacións Boavista, Baño e A Rocha. Tamén está prevista unha intervención no lugar de Freixeiros, na parroquia de Esteiro, para evitar as inundacións que con frecuencia se rexistran nunhas construcións. Estas obras son de grande interese para moitas familias do municipio que se dedican ao marisqueo e á pesca.
Estas actuacións permitirán incrementar de xeito exponencial a calidade das augas antes do remate do ano 2016.
O GOBERNO DE MUROS empregará os fondos provinciais en sanear unha ría da que viven centos de veciños
Please login to join discussion