A edil de medioambiente, Genoveva Hermo, vén de presentar unha campaña de concienciación que se está levando a cabo nas escolas sobre o abandono de animais.
Dende o goberno pobrense queren facer fincapé no elevado número de animais que se abandonan diariamente na comarca e que cada vez se incrementa máis.
Hermo asegura que non é necesario mercar un animal como agasallo neste Nadal e que os interesados poden adoptar.
Un folleto explicativo do proxecto será entregado aos rapaces nas diferentes escolas polo que se prevé que chegue a case a totalidade dos fogares do municipio.
https://www.youtube.com/watch?v=ephbvYzqCAw