A oposición da pobra mostra o descontento co goberno local abandonando unha sesión plenaria para a probación do pos e do pas

A Pobra do Caramiñal viviu esta mañá o pleno máis axitado desde que Nós Pobra está no goberno. Pouco despois do comezo da sesión integrantes do partido popular abandonaron a sala. Instantes máis tarde os representantes socialistas e nacionalistas fixeron o mesmo ata que no salón tan só quedaron o alcalde e os concelleiros do partido que goberna, impedindo desta forma que se pudera levar a cabo a aprobación do proxecto para o POS e o PAS.
Como o cuorum non estaba completo o alcalde veu necesario contactar co portavoz do partido popular, Manuel Durán e pedirlle que volvera a sala. Pouco a pouco así o foron facendo todos os portavoces da oposición que chegaron a celebrar un segundo pleno de urxencia onde finalmente deron aprobado o investimento de 475 mil euros en obras dos plans da deputación.
O alcalde da Pobra fixo unha valoración negativa do ocorrido esta mañá.

Dentro do proxecto foron incluídas moitas das propostas do partido popular, pero non se tiveron en conta as alegacións dos nacionalistas.

Lois Piñeiro explicou as obras máis interesantes que se van levar a cabo grazas ás subvencións.

Piñeiro anunciou que nos vindeiros días convocará unha rolda de prensa para dar conta do sucedido esta mañá e facer unha valoración do mesmo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.