A redución do TAC DE PESCADA será do 21.5% o vindeiro ano

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, expresou este mediodía a “satisfacción moderada” da Xunta coas cotas de pesca obtidas para o 2016. Neste sentido, destacou que os informes socioeconómicos aportados dende Galicia ao Goberno estatal axudaron a obter mellores resultados, pois contribuíron a reducir as propostas de baixada da Comisión Europea en certas especies como o lirio, na que a cota descende nun 7% fronte á redución do 40% que propoñía nun principio a Comisión Europea.

A conselleira explicou que con argumentos e acreditacións científicas e técnicas tamén se conseguiu mellorar a proposta de redución que había para a pescada do sur, que finalmente quedou nun 21,5%, fronte a baixada dun 60% que propoñía a CE para este recurso.

Rosa Quintana aclarou que estes datos de posibilidades de pesca son provisionais, xa que agora o Goberno estatal continuará negociando co resto dos gobernos dos países membros os intercambios de cotas para acadar as posibilidades de pesca que máis favorezan a cada un dos seus sectores.

Neste sentido, agradeceu o enorme esforzo que fixo a delegación do Goberno de España encabezada pola Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e dos técnicos e científicos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.