ÁNXELA FRANCO presenta a máis de 70 entidades a convocatoria do programa de axudas para servizos sociais

Representantes de máis de setenta entidades sen ánimo de lucro asistiron na sede da Deputación da Coruña á xuntanza na que a deputada responsábel da área, Ánxela Franco, presentou a nova convocatoria do programa de axudas en servizos sociais.

A xuntanza deseñouse como un lugar de encontro no que se trasladaron as claves da xestión da nova convocatoria, en especial da utilización da plataforma dixital e da elaboración de proxectos ao tempo que desde a área de goberno se recollían as preguntas máis frecuentes e as suxestións do propio tecido de servizos sociais para mellorar no futuro o programa de axudas.

A deputada nacionalista, Ánxela Franco, anunciou tamén o novo plan que a Deputación botará a andar para a mellora de infraestructuras das propias entidades, unha iniciativa que buscará adaptar os centros aos novos requisitos que precisan para optaren a axudas públicas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.