A cinco días de celebrarse unha das eleccións xerais máis agardadas no último século a campaña electoral sigue percorrendo a comarca do Barbanza ata onde se desplazou na tarde de onte o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O líder popular reivindicou ante os simpatizantes que se congregaron no polideportivo da Fieiteira que «só existe o voto seguro do PP». O líder popular atacou ao «tripartito de PSOE, Cidadáns e Podemos» e afirmou que España «necesita un candidato e non un tertuliano».
O alcalde ribeirense, Manuel Ruiz, centrou parte do seu discurso na importancia de recuperar os 1.600 votos que se marcharon a Cidadáns nas pasadas eleccións municipais.
Tamén interviu o candidato a senador, Jose Luís Torres Colomer, que indicou que o PP foi o primeiro partido de España en loitar contra a corrupción