Ribeira

UN TOTAL DE 186 FAMILIAS DE RIBEIRA RECIBEN RESPALDO CON MOTIVO DO ESTADO DE ALARMA

Dende que principiou o
Estado de Alarma un total de 186 familias do municipio están a recibir
algún tipo de cobertura derivada deste pandemia, ben sexa en forma
de entrega de alimentos ou ben recibindo outro tipo de servizos como
por exemplo o reparto a domicilio de medicamentos ou a realización
de compras que posteriormente son levadas ás casas.
Así se explicou esta mañá durante a reunión da Comisión Municipal
de Seguimento da Evolución do COVID-19, na que se concretou que
das 186 familias aludidas un total de 32 son atendidas polo Concello
a través de Servizos Sociais, mentres que o resto se fai a través de
dúas organizacións benéficas colaboradoras, como son Cáritas
Parroquial e ICE Renovación.
A este respecto, durante a xuntanza informouse de que se teñen
entregado a estas ongs un total 16 palés de alimentos, máis outros 6
froito de diversas doazóns como as levadas a cabo durante a
campaña da hostalería estes días. Ademais, na Comisión se deu
conta do abundante material de protección repartido ou en fase de
reparto: 1.540 mascarillas cirúrxicas, 800 mascarillas de tela, 96
máscaras con filtro, 640 máscaras doadas por Frinsa, 800 fundas,
900 pares de gafas, 27 pantallas, 110 caixas de guantes, 18 litros de
xel dun litro, 24 botes de xel de mans de 50 mililitros, 460 batas e 75
litros de hidroalcohólicos.
Novo auxiliar
Noutra orde de cousas, a Policía Local vai contar cun novo auxiliar,
Francisco Blanco Anxoar, que ata agora estaba adscrito aos servizos
funerarios pero cumpre cos requisitos esixidos para poder
desempeñar temporalmente esta outra función. Ademais, o xefe de
Policía manifestou que houbo seis denuncias durante a fin de semana
por saltarse as normas de confinamento.
Por último, declarouse a necesidade de alugar con carácter de
urxencia unha nave situada en Frións para a súa utilización polo
persoal de emerxencias e Protección Civil.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.