A Escola Oficial Náutica Pesqueira de Ribeira convírtese no maior viveiro de alumnos que o sector ten en Galicia. Trátase dunha infraestructura de vital importancia para a comarca do Barbanza e a de Muros e Noia así como para o resto da Comunidade Autónoma.
Arredor de 500 alumnos saen das aulas cada ano e case a súa totalidade atopa traballo despois de finalizar as prácticas formativas.
Dende o comezo da crise os xóvenes da comarca, especialmente os de Ribeira, volveron buscar refuxio na industria do mar.
A riqueza da ría e a cantidade de traballo que xera o sector promete un futuro de prosperidade para o alumnado.
O principal obxectivo é que o persoal acceda a un título profesional. Actualmente os mellores profesores de Galicia encárganse de impartir seis cursos formativos.
Un total de 4.300 alumnos cursaron formación impartida pola Consellería do Mar o ano pasado en toda Galicia.