Fontes policiais confirman que identificaron a varios individuos que acudiron ás praias para rastrexar os restos de 3000 quilos de cocaína que se tiraron o outro día ó mar. Chamaba a atención dos veciños de Castiñeiras ver a moita xente no entorno da praia cando estamos en tempo de corentena, que alertaron as autoridades.