A CONSELLEIRA da a coñecer en PORTO DO SON o proxecto para a mellora da seguridade viaria

O Diario Oficial de Galicia publicou a licitación do proxecto de construción das obras de reconstrución do muro de contención existente na estrada AC-550, un elemento que serve de contención e separación entre dita vía e a praia de Arnela, posto que nalgún treito, a estrutura atópase moi deteriorada, polo que é necesaria a súa reconstrución. Así, llo comunicou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, ao alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, nunha reunión de traballo.

Así mesmo, tamén se licitan o proxecto de construción das obras nunha senda peonil nun tramo da estrada AC-305 que une a localidade coruñesa de Vilariño, á altura da Cruz Vermella, á entrada da Travesía de Boiro, concretamente, entre os punto quilométrico 21+790 ao pk 22+720, no termo municipal de Boiro.

Trátase de dúas actuacións na comarca do Barbanza destinadas a favorecer a mobilidade dos veciños de Porto do Son e de Boiro e incrementar a seguridade viaria, favorecendo, ademais unha mobilidade máis sustentable e hábitos máis respectuosos co medio.

A actuación de Porto do Son contará cun prazo de execución de 5 meses e terá un orzamento de 240.000 €. Este Concello está executando unha senda peonil sobre o muro existente na marxe dereita desta estrada, polo que as obras que realizará a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), son imprescindibles para esta infraestrutura.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.