UN PXOM que garanta seguridade xudicial para invertir no municipio e a mellora de estradas son os obxectivos de LUÍS OUJO para o 2016

O alcalde de Porto do Son busca o apoio da corporación no pleno que se celebrará o día 17 para a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A Xunta de Galicia non aprobou o esbozo presentado polo goberno hai unhas semanas, dende o goberno autonómico propoñían facer recortes nos núcleos rurais, algo que o goberno municipal non comparte e que por iso se está a reunir cos diferentes técnicos para xustificar a súa actuación. Luís Oujo explica a importancia de levar a cabo un proxecto serio e contundente que permita obter toda a seguridade xurídica para as persoas que queiran invertir no municipio.

https://www.youtube.com/watch?v=0WOWsVuB7hM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.