A CARREIRA SIN SON que se celebra esta fin de semana bate o récord de participación con 2.878 atletas rexistrados

O martes pechouse o prazo de inscrición para participar nunha nova edición da carreira Sin-Son. A competición, a pesar de ser recente, pois este é o cuarto ano que ten lugar, xa é unha das máis importantes da zona. E os números así a avalan. Nesta ocasión hai marca de anotados. Esperan estar na saída desta competición 2.878 atletas, entre os que completarán o percorrido dos dez quilómetros e os raparigos que participarán nas carreiras do circuíto pechado do peirao.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.