A Consellería de Economía, Emprego e Industria, dentro da súa campaña informativa do plan de Garantía Xuvenil, achegará este programa nos vindeiros días a dúas vilas do Barbanza. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou ter acceso a un período de prácticas, despois de que os mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos rematen a educación formal ou queden desempregados.
Por unha parte, a aula móbil estará mañá e o xoves 10 en Ribeira. Esta instalación quedará ubicada no paseo do Malecón, de 12.00 a 20.00 horas. A aula contará coa presenza continua de dous orientadores de emprego que ofrecerán a todo aquel que se achegue información sobre as vantaxes de inscribirse na Garantía Xuvenil.
E por outra banda, a Casa da Cultura de Noia acollerá unha charla informativa sobre este mesmo plan o xoves 10, a partir das 17.00 horas. O acceso é libre e unha orientadora laboral ofrecerá todos os detalles sobre este plan.